martes, 29 de noviembre de 2011

CICLO DE CINEMA EN FAMILIA "O SEGREDO DA FROUXEIRA"


"Nós non pedimos vinganza, só coñecer a verdade”


DATA:MERCORES 30 NOVEMBRO
HORA.DE 18:00 A 20:00
LUGAR:SALON DE ACTOS DO IES CANIDO
FILME:"O SEGREDO DA FROUXEIRA"
PRESENTACION:PAULINO GASALLA, PROFESOR E PRESIDENTE DA SGHN

Dentro do ciclo de cinema en familia da Escola de Familias do IES Canido este mes de novembro se proxectará o documental "O segredo da Frouxeira", con guión e dirección de Xosé Abad.Temos a sorte de contar ademáis cun presentador de luxo nesta ocasión:o propio Paulino Gasalla.

Lembrade que estas proxeccións son abertas para tod@ o que desexe acudir.

SINOPSE
Setenta anos despois dun traumático acontecemento familiar, Paulino Gasalla atopa un pequeno paquete con recortes e recordos. Impresionado inicia unha minuciosa investigación que lle levará a se afrontar ás consecuencias que implica o seu descubrimento. “O Segredo da Frouxeira” afonda na historia de catro familias relacionadas entre si por un feito dramático silenciado durante décadas.
Este documental presenta un novo punto de vista da Guerra Civil Española e as súas consecuencias aínda hoxe.

“Unha historia reveladora dun descubrimento transformador”

"O fotógrafo e director, Xosé Abad, dedicou ano e medio a tecer o relato "duns feitos traumáticos para catro familias que non se coñecían" a fin de construir "unha historia de enorme dignidade" sen "ningún ánimo de vinganza".
LORENA BUSTABAD. El País.

 “Este documental refire con ecuanimidade feitos dolorosos, sen excitar a carraxe nin a vinganza. Polo contrario, envolve a atroz matanza cun manto de ternura e compaixón. É una simple lección histórica que contribúe a dar a coñecer un pasado ata agora envolto no misterio da terxiversación e a mentira”.
CARLOS ETCHEVERRÍA. La Opinión A Coruña.


CICLO DE CINEMA FAMILIAR

AULAS NO CINEMA/ CINEMA NAS AULAS

Dentro da escola de familias posta en marcha polo centro e a ANPA, contamos cun interesantísimo ciclo de cinema en familia, que vai consistir nunha proxeccción mensual, no salón de actos do IES Canido, dun filme ou un documental. Cada proxección contará cunha breve presentación (a cargo dun profesor, algúen das familias.algunha persoa entendida na temática do filme...) e realizarase un coloquio ó final entre os asistentes.As sesións serán en horario de 18:00 a 20:00 horas e sempre que a temática do filme o aconselle poderá asistir tamén o alumnado que o desexe.

Esta é unha actividade aberta a todo o que desexe acudir, así que vos animamos a difundi-la entre veciños, amigos, familiares.... O material seleccionado é de moitísimo interese e calidade. Con este ciclo preténdese impulsar unha visión crítica e educativa do cinema.

Dende este blog  informarémosvos puntualmente da data exacta das proxeccións previstas  pero xa os adiantamos os títulos previstos.

NOVEMBRO                         
Filme: " O segredo da Frouxeira" Presenta:Paulino Gasalla ,Profesor e membro da SGHN


DECEMBRO
Filme:" De mayor quiero ser soldado" Presenta:Andrés Manuel Díaz Prieto ,Director do IES Canido


XANEIRO
Filme:" Por nada " Presenta;Manuela García Méndez,Profesora do IES Canido


FEBREIRO
Filme:" Adeus pai"(cinema en portugués) Presenta:Antía Cortizas Leira,Profesora de Portugués na EOI


MARZO
Curtametraxe(título a determinar) de Pablo Portero. Presenta: Pablo Portero, Director de curtametraxes e ex-alumno do IES Canido


ABRIL
Filme:"La ola", Presenta:Rosalía Cortizas Leira, Lic. en Historia da Arte


MAIO
Filme:"La clase" Presenta: Guillermo Llorca,Historiador


XUÑO
Filme:" Pequena miss Sunshine"


Animádevos a participar!.
                                                           

BENVIDOS/AS

Somos xa máis de cen familias socias da ANPA!
E aquí estamos, pois, para o que nos toca: promover a xestión participativa ;tamén para acercar o instituto ó entorno (o barrio, a cidade..), para participar e asesorar na relación de nós, as familias, co centro;en definitiva: para contribuír a mellora do sistema educativo ,sempre na defensa dun ensino público de calidade.Dende a asociación de nais e pais "Baluarte" do IES Canido creamos este blog como unha ferramenta máis de comunicación entre toda a comunidade escolar.Dende aquí poderemos informarnos, debatir, compartir, propoñer e participar do día a dia do Instituto e tamén dende aquí abrirnos o barrio e difundir todo aquelo que sexa de interés..Participa deixando os teus comentarios,suxerencias,dúbidas.ideas....


Non hai mellor educación que aquela que se transmite co exemplo.Se nós, como nais e pais,somos activos e participativos as nosas fillas e fillos serán persoas implicadas nunha sociedade onde poidan expresarse, participar e corresponsabilizarse do seu propio futuro.

Unamos esforzos e ideas! Tod@s temos algo que aportar.



Para poñerte en contacto coa ANPA:

correo electronico: anpacanido@gmail.com
No local da ANPA do instituto os martes e xoves
Mañá: 10:00 a 12:00 horas,Tardes: 17:00 s 18;00 horas
tfnos 628 166 579 / 639 886 829/ 981 35 62 99