lunes, 25 de febrero de 2013

 AS DIFICULTADES DUN PACTO EDUCATIVO

Interesante artigo sobre as dificultades para chegar a un pacto educativo duradeiro, serio e consensuado.

"NON AO DESMANTELAMENTO DO ENSINO PÚBLICO"

Se queres escola privada, pasa por caixa.



domingo, 24 de febrero de 2013

176 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

IMAXE: Franco D'Albao (Flickr)


"Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,

o pote do caldo

i a manta da cama.

Véndéronlle o carro
i as leiras que tiña,
deixárono soio,
coa roupa vestida.
«María, eu son mozo,
pedir non me é dado,
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adios, adios, prendas
do meu corazón!»



"PRA A HABANA "

IMAXE: MANUEL FERROL


A MELLOR HOMENAXE, A SÚA LECTURA.

A "ANPA BALUARTE" CO SECTOR NAVAL DE FERROLTERRA


Carga de traballo xa!

Imaxe: avb

martes, 19 de febrero de 2013

UNHA NOVA VIDA ARTÍSTICA PARA 

OS LIBROS NO IES CANIDO



A ANPA pediu ao artista ferrolano,Eduardo 

Hermida,  a creación desta escultura.





No IES de Canido ningún libro tírase ao lixo. A Asociación de Pais de Alumnos (APA) ten en funcionamento desde o curso pasado un sistema de préstamo de libros, que permitiu repartir uns 800 exemplares o pasado mes de setembro. E aos libros que foi imposible reutilizar, o artista ferrolano Eduardo Hermida deulles unha segunda vida útil.




O APA contactó con Hermida para que este idease algunha montaxe artística a raíz destes exemplares, que ían ir ao lixo xa que non se podían prestar. O artista de Canido tardou tres semanas en crear unha escultura que se exhibe desde a pasada semana nun dos corredores do instituto, o que se atopa fronte á entrada á biblioteca.



Eduardo Hermida explica que utilizou varios dos exemplares que lles facilitou o APA, os cales decorou con pintura acrílica e escayola, aínda que respectando algunhas ilustracións e fórmulas matemáticas dos libros. «Quixen que se visen algunhas partes dos libros orixinais, para que se observase a orixe dos mesmos», sinala. Na parede onde está colgado a montaxe artística, os alumnos han ir escribindo nomes de libros para «fomentar a lectura, e que eses títulos esperten a curiosidade nos mozos e entren na biblioteca a mirar si teñen ese libro», detalla Hermida.




Con esta escultura, que se quedará de forma permanente no centro de secundaria, o artista pretende, ademais, resaltar o labor da asociación de pais, que de forma particular e sen a axuda de ningunha administración tomou as rendas do sistema de préstamo que a Xunta interrompeu no 2009, permitindo un importante aforro ás familias.



imaxes: avb

MOITAS GRAZAS, EDUARDO!

viernes, 15 de febrero de 2013

15 de FEBREIRO: "DIA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA O CANCRO INFANTIL"

Antes de que remate o día, queremos facer unha chamada de atención solidaria ante esta  enfermidade.

É inimaxinable a dor que os enfermos, familiares e seres  queridos dos enfermos poden chegar a sentir. A súa inmensidade debe ser máis indescriptible cando o enfermo é unha filla ou fillo.

Todo o noso agarimo e afecto a quen estades a vivir unha experiencia de esta natureza.

Non tiredes a toalla; a ciencia é un aliado inquebrantable.
O recoñecemento a todos os que transformades o voso esforzo nun raio de esperanza.


imaxe: nosune.org


martes, 12 de febrero de 2013


PROGRAMA DE PRÉSTAMO DE LIBROS DE TEXTO DA "ANPA BALUARTE"

"Os cidadáns tapando os ocos dos supostos xestores públicos  ".

  1. Non entendemos (é un dicir) o porqué da retirada dun sistema de préstamo igualitario, educativo  e menos lesivo para as arcas públicas que funcionou tan ben durante anos. 
  2. O sistema actual de axudas da Xunta de Galicia atenta contra o dereito á gratuidade da ensinanza obrigatoria.
  3. Amparados nun lema cicatero e falso "Gratuidade Solidaria" liquidouse un programa óptimo para pasar a facer unha inversión maior coa sustitución de centos de libros en galego. 
  4. Denunciamos eiquí o recorte do presuposto previsto para o vindeiro curso dun 15% para dito programa. Se xa apenas chegaba ás familias este curso, o vindeiro curso, coas consecuencias desta crise económica, a situación vai ser insostible.


Dende a ANPA BALUARTE comprometémonos a levar adiante esta iniciativa pioneira un ano máis no beneficio da nosa comunidade educativa.

SE QUERES AXUDAR CO TEU TEMPO, PÁSATE POLO LOCAL OS XOVES, DE 18.00 - 20.00 pm.



Voz de Galicia (Ferrol), 12 de Febreiro de 2013.

AGRADECEMOS O TRABALLO DE TODAS AS NAIS, PAIS E PROFESORADO QUE O FIXESTES POSIBLE.

Valor aproximado do préstamo: 24,000 euros.
Nº de Familias que recibiron libros neste curso: 150 (aprox.).
Nº de libros en préstamo: 790 (aprox.).


sábado, 9 de febrero de 2013

"OS PAÍSES DO MUNDO"
FESTA DO ANTROIDO 2013
IES CANIDO

"Non hai mellor resposta que a educación e a formación para afrontar os tempos de dúbida".

Pincha neste enlace para disfrutar desta presentación:


O noso recoñecemento é de xustiza para todos e todas os que un ano máis o sacáchedes adiante.

lunes, 4 de febrero de 2013

"CUESTIÓN DE EDUCACIÓN"
Jordi Évole, "SALVADOS" (Sexta)

Para os que non disfrutachedes do estupendo programa de Jordi Évole  ("SALVADOS") sobre a educación.

Enlazade co seguinte link e non  vos perdades ningunha das súas partes:



Sairon á luz as moitas carencias que temos como país e ás que os nosos políticos e xestores educativos seguen a facer oídos sordos.
imaxe: http://ecoteuve.eleconomista.es/

                O MODELO FINLANDÉS: Conformámonos cun bo modelo noso.



imaxe: http://www.lasexta.com/

JURJO TORRES: Orgullo  galego. A XUNTA de Galicia vetou o uso do MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) para a entrevista.
Haiche moito GAIÁS  e moito corto de miras.


NON  Á LEI WERT!

NON AO DESMANTELAMENTO DO ENSINO PÚBLICO!




domingo, 3 de febrero de 2013



MAREA CIDADÁ CONTRA O GOLPE DOS MERCADOS



Adxuntamos post do grupo de Facebook "Yo Estudié en la Pública" que compartimos. 

Ese non é o tipo de ensino público que defendemos.





Ciudadan@s por la Educación Pública se suma a la MAREA CIUDADANA contra el “Golpe de los mercados”

La presión de los mercados financieros, la deuda ilegítima creada por el propio sistema financiero especulativo y las brutales políticas de ajuste dirigidas contra la mayoría de la sociedad son, sin duda alguna, la raíz no solo del progresivo desmantelamiento de la educación pública que desde nuestra constitución como asociación venimos denunciando, sino también de la pretensión de reducir la educación misma a un producto financiero más y la tarea de educar a un proceso de fabricación de trabajadores serviles puestos a los pies de los mercados.

Porque hay más de mil motivos:
- Cierre de escuelas rurales, de escuelas de adultos, de escuelas de música, de centros de formación del profesorado.
- Reducción en la oferta de escuelas de idiomas y amenaza de cierre o privatización.
- Desmantelamiento de la red pública de Educación Infantil, Primaria y Secundaria en beneficio de la red privada y concertada.
- Drástico recorte de plazas públicas en los ciclos de Formación Profesional.
- Brutal reducción de plantillas docentes. Masificación de las aulas.
- Eliminación de becas de comedor, de becas de material escolar. Eliminación de rutas escolares.
- Brutal incremento de las tasas universitarias.
- Pretensión de imponer, sin diálogo alguno ni con la comunidad educativa ni con los partidos políticos de la oposición, una ley de educación mercantilista y segregadora, al servicio de los intereses neoliberales y neoconservadores.

Ciudadan@s por la Educación Pública se adhiere a Marea Ciudadana, cuya página web os invitamos a visitar http://mareaciudadana.blogspot.com.es/


viernes, 1 de febrero de 2013


CONCENTRACIÓN ANTI LEI WERT (LOMCE)

FERROL, 31 de XANEIRO

Non nos gusta a nova lei educativa. Xa tedes información ao respecto do porqué en multitude de entradas anteriores neste blogue. 

Por ese motivo, convocados pola Federación de ANPAS de Ferrolterra e a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público participamos na concentración de onte pedindo a retirada da Lei Wert. Afamados pedagogos desmontaron os obxectivos da mesma e moito do seu articulado.

 imaxe: avb

LECTURA DO MANIFESTO 


imaxe: avb

OS AMIGOS DA AMPA CEIP CRUCEIRO de CANIDO