lunes, 24 de noviembre de 2014

MARTES, 25 DE NOVEMBRO:

ELECCIÓN DAS NAIS E PAIS AO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO:



Candidatas:
1) Cristina Cebral Carneiro.
2) Mª Jesús Sancho Lorenzo.
3) Rebeca Rico López

HORARIO VOTACIÓNS: Martes, 25.
13,00 - 15,00 h.

19,00 - 21,00 h.

LUGAR: SALÓN DE ACTOS


Non hai escola que poda funcionar ben sen o traballo das nais e pais


A ANPA BALUARTE CHAMA  Á TÚA PARTICIPACIÓN. 

jueves, 20 de noviembre de 2014

20-N: DÍA UNIVERSAL DO NENO

Non confundades as necrolóxicas nin os aniversarios de hoxe coa verdadeira celebración do día.


Hoxe é o día internacional do neno. Na ANPA Baluarte queremos 365 días ao ano. E niso estamos traballando. 

Aquí tedes o enlace á páxina das Nacións Unidas:

DIA UNIVERSAL DO NENO



ANPA BALUARTE





martes, 18 de noviembre de 2014

NOVA ANPA NO IES CANIDO



Na tarde de hoxe e de forma algo inesperada, fomos quen de constituír oficialmente un novo e amplo equipo de nais e pais que vai proseguir coa súa defensa dun ensino público de calidade.

Queremos aquí facer un agradecemento a todas as nais e pais que nos precederon nesta pouco recoñecida tarefa de traballar polo ben  da nosa sociedade e das fillas e fillos de todos nas etapas escolares da E.S.O. e do bacharelato.

Facemos aquí unha lembranza agarimosa de Antón González quen nos deixou xa fai un longo tempo e queremos dar as grazas a Begoña , Carmen, Isa, Luisa,  María G., María S., Patricia, Rosa e todos os que vos acercáchedes a colaborar nesta tarefa común (disculpade as omisións non intencionadas).

Saudamos agora con agarimo a chegada das novas caras cheas de talento e convencemento de que co esforzo de todas e todos podamos chegar aos obxectivos que nos prantexemos.


PS. - Esta é a túa ANPA: temos as portas sempre abertas. Pásate ou contacta.

ANPA BALUARTE

viernes, 14 de noviembre de 2014

BUSCANDO TALENTOS PARA A NOSA ANPA ENTRE AS NAIS E PAIS DO NOSO IES


Non queremos pecar de pesados.

Sabemos que, en ocasións, o descoñecemento fai que non te acerques a participar.

Non é certo que os que estamos levando esto adiante teñamos todo o tempo libre do mundo.

O que sí temos claro é que sin a participación das nais e pais na vida escolar, o resultado da avaliación final vai ser un suspenso.

Vente o vindeiro martes 18 ao IES  e proba unha tempada. Despois decide se marchas ou non.

ANPA BALUARTE

jueves, 13 de noviembre de 2014

AXENDA ESCOLAR NAVEGANTES 
2014/2015: Presentación oficial  (Diario de Ferrol)


Qué boa ferramenta para o aproveitamento escolar e vital das nosas fillas e fillos! Agora non queda outra que usala. 





Novo agradecemento ao compromiso dos que un ano máis a levaron a cabo, alumnado e profesorado do noso centro.




O noso agradecemento ao Diario de Ferrol polo apoio de sempre na difusión do noso traballo.

martes, 11 de noviembre de 2014

NOVO RECOÑECEMENTO A ANTÓN CORTIZAS:: AMIGO, MESTRE DO NOSO IES (na reserva activa a día de hoxe) E GRAN HUMANISTA






Ven de recibir o VIII premio MANUEL MARÍA de literatura dramática infantil pola súa obra "Xogando con Gatos".




Parabéns dende a ANPA BALUARTE.
PRESENTACIÓN OFICIAL DA AXENDA ESCOLAR "NAVEGANTES" DO NOSO INSTITUTO:



A ANPA Baluarte quere agradecer o bo traballo dos profesionais que xa por cuarto ano consecutivo poñen nas nosas máns unha ferramenta tan pedagóxica, todo un luxo ao alcance de poucos coa que podemos optimizar o rendemento académico de todas as nosas fillas e fillos.





O noso agradecemento a  María J. Ramil e Rafael Rodríguez polo seu compromiso e a estupenda charla da tarde de hoxe.






E agora a usala ...! 

lunes, 10 de noviembre de 2014

UN NOVO V.I.P. NA NOSA ASEMBLEA DA ANPA BALUARTE

Comunícannos extraoficialmente que o pequeno Nicolás non faltará á Asemblea da ANPA de mañá. 

Se queres coñecelo en persoa, acércate ao IES.

Pídennos discreción ao respecto dende Moncloa.


ANPA BALUARTE

AGARDÁMOSTE
ÚLTIMAS NOVAS:
ARTUR MÁS EXCUSA A SÚA PARTICIPACIÓN NA ASEMBLEA DA ANPA.

A escasas horas do comezo da nosa multitudinaria Asemblea de nais e pais chéganos a seguinte comunicación dende a Generalitat de Cataluña en forma de imaxe:




















Contamos coa súa presenza para a seguinte ...

ANPA BALUARTE

domingo, 9 de noviembre de 2014

PRESENTACIÓN ÁS NAIS E PAIS DA AXENDA ESCOLAR "NAVEGANTES" 

Presentación da nova Axenda Escolar "Navegantes" ás nais e pais de alumnos do noso IES.






DÍA E HORA: Martes, 11 de novembro ás 17, 30 h. no salón de actos, con anterioridade á celebración da Asemblea da ANPA BALUARTE.



Desexamos contar coa túa presenza: contar cunha ferramenta de axuda ao alumnado tan estupenda non é algo que esté a disposición de moitos centros educativos galegos. 



Profesorado do noso centro  vainos amosar á mellor maneira de que as nosas fillas e fillos lle saquen rendemento e podan mellorar os seus resultados académicos.




ASISTE! COMPARTE! PÁSAO!
CAMPAÑA MEDIÁTICA POLA PARTICIPACIÓN NA ASEMBLEA DA "ANPA BALUARTE"

Distintos persoeiros da actualidade pública confirmaron a súa presenza e asistirán á nosa Asemblea do martes 11 (18,15 h.) para axudarnos a formar un equipo novo e que o noso IES non quede sen representación oficial dun dos seus pilares: as nais e pais de alumnos que optan por matricular aos seus fillos no ensino público no IES do barrio de Canido.




Aquí tedes, en primeiro lugar as persoas que excusaron a súa presenza:





Afortunadamente, non todo foron negativas. Aquí tedes os persoeiros que nos honrarán coa súa presenza e participación:







nda agardamos outras incorporacións de última hora. 
Estade atentos a este blogue e á nosa páxina en Facebook.


Vémonos o martes ás 18, 15 h.
ANPA BALUARTE

martes, 28 de octubre de 2014

Os resultados da reunión de Anpas Galegas en Vigo


Anpas Galegas en Vigo
A directiva da Confederación ANPAS GALEGAS reuniuse en Vigo este 25 de outubro dun xeito distinto ao que acostumamos xuntarnos, variamos a sede, a duración e os contidos. Tratamos, e conseguimos, facer unha reunión que durara toda a xornada, e na que se falara de todos os temas que están actualmente nas preocupacións das federacións participantes, e das súas anpas asociadas.
Logo da exposición das diversas experiencias das oito Federacións que compoñemos ANPAS GALEGAS, concluímos que existe un modelo arrastrado doutros tempos que identifica ás Asociacións de Nais e Pais de Alumnos como organizacións adicadas á prestación de servizos educativos complementarios, e que ese modelo está afianzado na colectividade de tal xeito que as familias descargan ás administracións públicas das súas obrigas en prexuízo de si propios, porque ao final as ANPAs non somos cousa diferente das familias.
Este modelo trae unhas consecuencias non procuradas, nin queridas, que son:
  • A progresiva desaparición das familias na toma de decisións e na planificación da actividade educativa.
  • Unha baixada de participación das familias no asociacionismo educativo.
  • Unha total confusión sobre o lugar que deben ocupar as ANPAs na vida cotiá dos centros.
Este é o resultado de décadas de abandono das súas obrigas por parte das sucesivas administracións educativas, décadas de descarga das súas funcións noutros colectivos, e décadas que nos van arredando cada vez máis dese ensino público moderno e competente polo que traballamos todos os días.
A nosa lectura é que contra disto é preciso xuntar dúas accións:
  • Dunha banda, manter a reivindicación permanente diante das administracións públicas para que asuman todos os servizos educativos complementarios como parte da oferta educativa, dun xeito igualado para todo o territorio galego, tanto na súa extensión como no seu tratamento económico. Coma sempre temos que dicir, porque hoxe en día hai que o repetir de seguido, que nós entendemos a igualdade como o trato diferenciado ás diferentes realidades, na procura da equidade global.
  • Doutra banda, afondar na formación da xente que participa nas asociacións; para que non asuman sen pensalos os roles que veñen marcados polo costume, senón que debatan e consideren que existen outros xeitos de actuar e outros obxectivos para o seu traballo. Logo cada quen decidirá o que quere facer, pero iso nunca se consegue dende o descoñecemento.
As tres ideas que marcabamos máis arriba están ligadas entre si,  a participación das familias diminúe porque o traballo que se ofrece é pouco atractivo e ten unha proxección a curto prazo, e semella que as ANPAs non satisfacemos o maioritario desexo das familias de se preocupar pola Educación con maiúsculas: se a ANPA só se adica a facer algunhas cousas concretas que se consumen en si mesmas, non precisa dunha gran participación; e tamén isto implica que o lugar que a ANPA podería ocupar na vida dos centros está totalmente tapado por estas actividades.
Anpas Galegas en Vigo2
Nós entendemos que as Asociacións de Nais e Pais de Alumnos temos o noso lugar no Ensino Público, e ese lugar é o lugar das familias. Un Ensino sen a presenza das nais e dos pais convértese nunha simple academia, un lugar onde se transmitan datos e se fagan exames; pero nós queremos que as nosas fillas e fillos aproveiten a súa etapa escolar cunha perspectiva máis ampla, que lle serva como complemento formativo para toda a súa vida, como aprendizaxe de habilidades sociais e como base do seu pensamento futuro.
Por iso un dos obxectivos da Confederación nun próximo futuro será a formación das directivas das ANPAs asociadas, a medio de cursos, xornadas, publicacións e conferencias, na seguridade de que esa formación propiciará o debate sobre o papel delas no Ensino público; e que ese debate enriquecerá a toda a sociedade.
Pola tarde fixemos un traballo de posta en común dos nosos obxectivos a curto prazo, en que cousas gustariamos de traballar, e en que outras temos que facelo porque a realidade nolo manda. E neste último grupo está a problemática dos recortes educativos, fundamentalmente este curso afectando en profundidade á atención á diversidade, retirando sistematicamente profesorado de apoio dos equipos dos nosos centros, ao igual que acontece con coidadores, e cuns equipos directivos e de orientación que se ven totalmente desbordados por unha situación que impide a planificación e a organización, e o tratamento a longo prazo que as necesidades educativas esixen.
Canto a recortes falamos tamén dun que non adoita saír nos medios, o recorte de dereitos ao que nos vemos sometidas as familias, e a sociedade toda, pola vía da desaparición silenciosa e da negación interesada; se non hai información sobre o que temos dereito a esixir, ese dereito acaba por desaparecer, e esa ven sendo a intención das autoridades educativas cando falamos de cousas como a atención domiciliaria, ou os apoios terapéuticos. O noso labor aí está na difusión, na información, na presenza deses dereitos como parte cotiá da vida educativa.
Tamén, aínda que falsamente semelle que non é o noso sector, falamos da nova lei de seguridade cidadá, tema que se está a responder na Alianza Social Galega, da que formamos parte, organizando as mobilizacións necesarias para dar resposta a un proxecto que tenta cortar as nosas liberdades baixo a falsa escusa da preservación dunha orde pública que nós non vemos ameazada por ningures.
Avanzamos un chanzo máis nas dúas campañas que promoveremos este curso a nivel confederativo: o estudo sobre accesibilidade nos centros públicos, e a elaboración dun documento base para presentar aos candidatos nas próximas eleccións municipais; en ámbolos dous temas estamos xa nunha fase de inicio avanzado.
E concluímos cunha reflexión que non por repetida deixa de ser certa: somos a confederación que agrupa a un maior número de federacións e territorio en Galicia, e iso implica a responsabilidade de traballar para que a nosa voz, que é a voz das familias, se escoite máis e máis claramente,  porque sen comunidade educativa non hai Ensino Público, e nós somos parte desa comunidade.

viernes, 5 de septiembre de 2014

QUEDAN LIBROS DE 1º, 2º, 3º E 4º DA E.S.O


A ANPA "Baluarte" do IES Canido comunicavos que aínda quedan libros de préstamo para a ESO.
Por favor, podedes pasar a recollelos no seguinte horario:
Días 8 ao 10 de setembro, de 11:00 a 13:00 horas....

Anpa "Baluarte" IES Canido

jueves, 3 de abril de 2014


CONSELLO ESCOLAR EXTRAORDINARIO
3 de abril de 2014
IES CANIDO

Foto: avb

O consello escolar do IES CANIDO aprobou na mañá de hoxe, á proposta desta ANPA BALUARTE os seguintes temas da orde do día:

1. 
Rexeitar o sistema de "gratuidade solidaria de libros de texto" da Xunta de Galicia.

2. 
Asunción do informe da Defensora do Pobo no que se considera que  o "carácter gratuito debría facerse extensivo aos libros de texto ou material didáctico" (Outubro de 2013).

3. 
Solicitar á Consellería de Educación dun sistema de préstamo de libros de texto universal e gratuito que favoreza o tratamento igualitario de todo o alumnado e transmita os valores de reciclaxe e colaboración.

4.
Solicitar a dotación do persoal necesario para que a xestión do sistema de préstamo de libros de texto non incida no traballo ordinario deste centro educativo.

Foto: avb

O noso agradecemento á dirección do noso IES, aos distintos membros do noso consello escolar e ao persoal administrativo pola vosa permanente colaboración.

ANPA BALUARTE
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 
ANPA BALUARTE
4 de abril

ACORDOS
1. 
Rexeitamento oficial do sistema de "gratuidade solidaria" da Xunta de Galicia de axuda para a adquisición  de libros de texto.

2.
Esixencia oficial da implantación dun sistema de préstamo universal e gratuito.

FOTO: C. SEOANE

3.
Esixencia de que os centros de ensino dispoñan dos medios materiais e humanos necesarios para a organización e o desenrolo das campañas de préstamo.

4.
Organización de programas de traballo tendentes á elaboración de materiais didácticos que posibiliten un ensino público que non precise do libro de texto como material imprescindíbel.


FOTO: C. SEOANE

Estes acordos trasladaranse á Consellería de Educación da Xunta de Galicia integrados na demanda colectiva da Confederación de ANPAS GALEGAS.


O noso agradecemento ás nais e pais que nos dades o voso apoio.
ANPA BALUARTE IES CANIDO

martes, 1 de abril de 2014

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA ANPA BALUARTE:

Data: Xoves, 3 de abril
Hora: 18,30 (2ª convocatoria)


ÚNETE, DIFUNDE, COMPARTE.

viernes, 21 de marzo de 2014

"EXAMES SOLIDARIOS" EN PRENSA

Na "Voz de Galicia" de hoxe se recolle a campaña solidaria de toda a nosa comunidade educativa a favor de todos os cidadáns que fan uso dos servizos que ofrece a COCIÑA ECONÓMICA de Ferrol.


Agradecemos a participación de todas e todos.

martes, 11 de marzo de 2014

“EXAMES SOLIDARIOS” A FAVOR DA COCIÑA ECONÓMICA


  






Estimado alumnado, familias, profesorado e persoal do centro: 

A   ANPA Baluarte do IES Canido solicita a túa colaboración para continuar levando adiante durante este curso a súa iniciativa titulada “EXAMES SOLIDARIOS”. 

Coincidindo coas datas da segunda avaliación, organizamos unhas xornadas de recollida de alimentos non perecederos que nesta ocasión entregaremos á Cociña Económica de Ferrol.

Consultada esta organización, infórmannos da necesidade alimentos para atender a enorme demanda na hora dos almorzos. 

Agradecerían a entrega de zucre, galletas, cola-cao, zumos, batidos, leite, café, magdalenas, café e potitos para bebés. Tamén se pode aportar calquera alimento non percedero.

Ao efecto, atoparedes nas dependencias do centro unhas caixas onde podedes depositar os alimentos ata o venres, 21 de marzo, data nas que se procederá á súa entrega.
Agardando mellore a realidade social que nos rodea, recibide un afectuoso saúdo e un agradecemento anticipado pola vosa solidaria participación.






ANPA BALUARTE: a túa ANPA!


lunes, 3 de marzo de 2014

MATRÍCULA ESCOLAR 2014 - 2015

Información do proceso de admisión e matrícula no noso IES.

Dita información xa se remitiu ás familias pola dirección do noso centro.


As demandas dos pais da escola pública unha vez máis no noso blogue.


MATRICULA AOS TEUS FILLOS E DEMÁIS FAMILIA NA ESCOLA PÚBLICA! 

Sobran os motivos ...!

jueves, 27 de febrero de 2014

CARNAVAL 2014: "MOMENTOS CLAVES DA HISTORIA"

                                TEMPOS MODERNOS, Charles Chaplin         foto: avb

Defendendo o ensino público con argumentos de peso; dende o esforzo, co traballo diario, coa colaboración de todas e todos - alumnado, profesorado, persoal de servizos, dende as distintas manifestacións artísticas, dende o coñecemento, educando na solidaridade e en valores, renovando un ano máis unha tradición cultural que xa nos identifica.

             O noso IES no espacio exterior         Foto: avb



Deixámosvos aquí o video que fixemos esta mesma tarde:






PASÁDEO MOI BEN NESTE CARNAVAL!