NOVA ANPA NO IES CANIDO
Na tarde de hoxe e de forma algo inesperada, fomos quen de constituír oficialmente un novo e amplo equipo de nais e pais que vai proseguir coa súa defensa dun ensino público de calidade.
Queremos aquí facer un agradecemento a todas as nais e pais que nos precederon nesta pouco recoñecida tarefa de traballar polo ben da nosa sociedade e das fillas e fillos de todos nas etapas escolares da E.S.O. e do bacharelato.
Facemos aquí unha lembranza agarimosa de Antón González quen nos deixou xa fai un longo tempo e queremos dar as grazas a Begoña , Carmen, Isa, Luisa, María G., María S., Patricia, Rosa e todos os que vos acercáchedes a colaborar nesta tarefa común (disculpade as omisións non intencionadas).
Saudamos agora con agarimo a chegada das novas caras cheas de talento e convencemento de que co esforzo de todas e todos podamos chegar aos obxectivos que nos prantexemos.
PS. - Esta é a túa ANPA: temos as portas sempre abertas. Pásate ou contacta.
ANPA BALUARTE