domingo, 12 de abril de 2015


REUNIÓN CO EQUIPO DIRECTIVO

A mediados deste segundo trimestre escolar e unha vez que se consolidou un novo equipo de traballo na nosa ANPA fomos quen de reunirnos oficialmente por vez primeira co equipo directivo do noso IES. A reunión xurdiu a petición nosa, sabedores de que a colaboración mutua é un elemento indispensable para poder avanzar na boa liña. 

Trasladamos os seguintes temas que esbozamos para non marearos moito:

1) Ofrecemento de colaboración permanente.
2) Informe sobre os obxectivos desta ANPA.
3) Rendemento académico: comunicouse a preocupación desta ANPA ante os resultados académicos na primeira avaliación. Recibimos o diagnóstico dos profesionais e pedimos resposta co único obxectivo de mellorar o proceso de aprendizaxe das nosas fillas e fillos.
4) Orientación académica: transmitimos a necesidade de información que temos as familias en materia orientadora, non só de cara aos estudos universitarios senón cara ás demáis saídas que se dan ao longo de todas as etapas educativas.
5) Seguridade en Internet, telefonía móvil e redes sociais: amosamos a nosa colaboración para informar sobre un tema de rabiosa actualidade.
6) Ofrecemento da ANPA para organizar un taller de programación informática.
7) Benvida e despedida ao alumnado do centro: colaboración  e necesidade da nosa presenza.
8) Posibilidade dunha xornada de convivencia entre todos os membros da comunidade educativa.
9) Preocupación pola realización do plan de autoprotección.
10) Ofrecemento para colaborar na revista escolar do centro, no caso de que se realice.
11) Solictude de información das necesidades do centro en materia e obras pendentes e outros temas de importancia.


IMAXE: Anpa Baluarte

jueves, 19 de marzo de 2015

Los premios de Bachillerato de la Xunta reconocen a tres alumnos de Ferrol

Martín Varela Salido (del IES Canido) y Pablo Paz Cotilla (del Concepción Arenal de Ferrol) son premio extraordinario de Bachillerato y Silvia Trinidad Porta (del Ferrolterra), en la categoría de F. P,

Premios extraordinarios de Bachillerato y FP

El conselleiro de Educación. Román Rodríguez, entregó en la Cidade da Cultura esta mañana los premios de Bachillerato y Formación Profesional de Galicia, en la que han destacado tres alumnos ferrolanos. Se trata de Martín Varela Salido (del IES Canido) y Pablo Paz Cotilla (del Concepción Arenal de Ferrol)  y Silvia Trinidad Porta (del Ferrolterra), galardonada en el apartado de Formación Profesional.
Los aspirantes a los reconocimientos de Bachillerato debían contar con una nota media superior a 8,75 y, además de una gratificación económica, los dos galardonados no tendrán que pagar las tasas de matrícula el próximo curso.
Mientas que la calificación para ser premiados en FP estaba en el 8,50 y la galardonada recibió un diploma, así como una gratificación. En toda Galicia han sido 20 los premiados por sus notas en Bachillerato (participaron un total de 529); los aspirantes a los premios de FP sumaron 290.

miércoles, 11 de marzo de 2015

20 NORMAS PARA MOVERSE POR INTERNET







Dá a impresión de que dominan á perfección tabletas, teléfonos intelixentes e videoconsolas. Coma se estes dispositivos nas súas mans non tivesen secretos para eles. Os adultos quedamos con cara de bobos cando un pequerrecho de 7 anos consegue entrar nunha aplicación do noso móbil que nin sequera sabiamos que existía. 
Pero non é ouro todo o que reloce... Aínda que nenos e adolescentes poden estar máis familiarizados co manexo das TIC que os seus pais, a maior parte dos coñecementos que teñen adquiríronos a nivel de usuario e de forma case sempre autodidacta. 
Loxicamente, adóitaselles escapar cuestións relativas á seguridade, á protección de datos persoais ou ao dereito á intimidade. É necesario, entón, que os adultos asumamos o noso papel como referentes neste tipo de cuestións. Do mesmo xeito que lles ensinamos a pararse cando o semáforo está en vermello, debemos mostrarlles cando hai que acender o piloto de alarma ante un potencial perigo en Internet. 


Estas son 20 normas básicas de seguridade para transmitir aos fillos:

CORREO ELECTRÓNICO
1 Non debes abrir correos electrónicos de remitentes descoñecidos, e menos se se atopan noutros idiomas. Con frecuencia trátase de spam que pode conter arquivos ou documentos adxuntos con virus que danarían o teu dispositivo.

2 Non enchas formularios que che cheguen por correo electrónico,  en especial aqueles que che pidan datos persoais.

3 Na túa conta de correo non inclúas nome e apelidos, idade ou data de nacemento. Non é unha boa idea. Di demasiado sobre ti. Debes utilizar alcumes, nomes inventados ou neutros. Carlota13@... 

4 O contrasinal do teu correo electrónico é moi importante. Non o compartas con ninguén (nin sequera co teu mellor amigo, tampouco co teu noivo!) e utiliza combinacións de letras e números, utilizando algunha maiúscula se pode ser.

5 Non reenvíes as cadeas de mensaxes que che chegan a través do correo electrónico, son unha estafa («Envía este correo a 20 contactos e conseguirás aquilo que anhelas»).
6 Cando envíes un correo a varias persoas ao mesmo tempo, debes pór as súas direccións en copia oculta, no apartado CCO.


REDES SOCIAIS

7 Pon no teu perfil unha imaxe que non che identifique directamente: un avatar ou algo que che guste. 

8 Non inclúas información persoal relevante no teu perfil que permita a túa localización ou clara identificación. Non indiques en que centro escolar estudas, nin que días marchas de vacacións fóra da túa casa...

9 Non agregues a persoas que non coñezas fisicamente. Non serve de nada ter un perfil privado se despois agregas a 200, 300 ou 400 persoas.

10 O teu perfil como menor de idade debe ser sempre privado. É moi importante.

11 Lembra que tamén debes coidar a privacidade dos teus familiares e amigos, polo que non debes dar información persoal sobre eles sen o seu consentimento.
12 Coidado coas fotos que sobes. É necesario pedir autorización ás persoas que aparecen nelas.

13 Debes ser respectuoso cando escribas no muro dos demais, e debes esixir o mesmo. Lembra que o que se escribe en Internet permanece durante anos e é posible identificar ao autor.

14 Non participes en perfís ou grupos nos que se insulte, ameace ou falte ao respecto a outras persoas. Se atopas un destes grupos debes darche de baixa ou denuncialo.

15 En Internet a xente non sempre é quen di ser. É moi fácil enganar e mentir e moita xente faio. Nunca quedes con alguén que coñeciches na rede.

TABLETAS E MÓBILES

16 Activa un contrasinal para desbloquear a pantalla que só ti coñezas. Así, en caso de perda ou roubo, ninguén poderá acceder aos teus contidos.

17 Non te conectes a redes wifi gratuítas e descoñecidas sen verificar antes que entidade é a responsable da devandita rede. 

18 Coidado coas descargas de aplicacións. A instalación de moitas APP implica a cesión dunha serie de autorizacións con risco. Por exemplo, moitas poden acceder á listaxe de contactos, galería fotográfica, cámara de fotos ou localización GPS.



RESPONSABILIDADES QUE ASUMES 

19 Internet non é anónimo. Hai quen pensa que con crearse un correo ou perfil falso xa se pode insultar, ameazar ou colgar fotos comprometidas de forma impune. Pero isto é un erro, xa que poden ser denunciados e identificados con facilidade.

20 Os maiores de 14 anos en diante teñen responsabilidade penal sobre o que fan. Escribir ou enviar ameazas, calumnias, inxurias ou difundir imaxes doutras persoas sen a súa autorización ten consecuencias penais. Os menores de 14 non teñen responsabilidade penal, pero os seus pais deberán correr coas consecuencias do que eles fagan, por exemplo asumir unha sanción económica.


FOTOS: Google images
FONTE. A Voz da Escola, 11 de marzo de 2015.

miércoles, 4 de marzo de 2015

A SEGURIDADE EN INTERNET DAS NOSAS FILLAS E FILLOS



A ANPA BALUARTE segue atenta aos temas que preocupan ás familias.

Aínda que non hai un manual para ser boa nai e bo pai, consideramos que a información, a comunicación e a complicidade coas novas xeracións é o comezo da nosa aposta.

Seguimos aquí informando do risco das novas tecnoloxías.

Os especialistas recomendannos:
  1. Control estreito do uso da Internet e novos medios.
  2. Normas e límites.
  3. Esforzarse pola comunicación coas fillas/os.
  4. Educar en valores
  5. Escapar da sobreprotección.
  6. Predicar co exemplo.
CONCLUSIÓNS:
  • Non é un problema menor o uso dos móviles e Internet.
  • Non só e  un problema que afecte aos adolescentes e vai en aumento.
  • Hay que poñerse as pilas xa.
  • A responsabilidade é compartida.
OCLA:
  1. Observar.
  2. Controlar.
  3. Limitar.
  4. AXUDAR (ACTUAR) a través da eduación.

"Educar, educar, educar ...."



VOZ DA ESCOLA, 4 de marzo de 2015



martes, 17 de febrero de 2015

GUÍA DE "INSTAGRAM" PARA NAIS E PAIS




Porque nesta ANPA BALUARTE  somos máis de informar que de prohibír, coñecedores dos riscos do mal uso das novas tecnoloxías e do dano que este descoñecemento pode traer consigo facilitamosvos aquí unha guía para o uso racional do "Instagram" para que se utilice dende o sentidiño e co corazón.

Aquí tedes o enlace:

Os perigos do Instagram




Descargade eiquí a guía:

Guía para nais e pais


domingo, 15 de febrero de 2015

XORNADAS MUNICIPAIS EDUCATIVAS (Ferrol)

26, 27 Febreiro - 5 , 6 Marzo 2015

A ANPA Baluarte anímate a asistir a estas estupendas Xornadas Educativas nas que se debatirá sobre os temas que realmente nos preocupan ás nais e pais a día de hoxe: relacións familias - profesorado, as novas tecnoloxías e os menores, a aprendizaxe dentro e fora da escola, o acoso e a violencia escolar, prevención da violencia de xénero. 

Dende esta ANPA BALUARTE xa levábamos tempo traballando para poder organizar unha especie de charlas ou talleres no que se tratasen os temas que se van a debater nestas catro sesións.

Qué mellor forma de facelo, entonces, que asistindo a estas charlas impartidas por profesionais de recoñecido prestixio! 

Alí estaremos. Se queres asistir, tes que matricularte online no seguinte enlace:




CARTAZ INFORMATIVO


POÑENTES:


D. Jaume Carbonell Sebarroja

 D. Daniel Neira Barral


D. Antonio Rial Boubeta


 D. Iñaki Piñuel y Zabala

Dña. Sara Vierna Fernández

FOTOS: GOOGLE IMAGES


A ANPA BALUARTE quere felicitar á concellería de educación do concello de Ferrol, á súa técnica e aos membros do Consello Escolar Municipal de Ferrol por apostar pola formación de todas e todos.

Vémonos alí!


martes, 10 de febrero de 2015

¿A quen apartamos?

 

Cada un dos alumnos será obxecto dunha atención que converta á educación no principal instrumento que axude a superar barreiras... (LOMCE, preámbulo).
Pero cando un deses alumnos e alumnas precisan desa atención na escola, cando necesitan un apoio que os nivele con todos os demais, porque non todos temos a mesma maneira de avanzar pero si que temos o mesmo dereito a chegar ao mesmo destino, entón a administración educativa di que non, que non hai plan PROA, que non hai medios, que non hai profesores, que non hai apoio.
E cando non se nos facilitan os medios é irremediable que alguén quede fóra, e entón é o momento de se preguntar: ¿A quen apartamos, quen é o que sobra, a quen deixamos a un lado?; pois ben, as familias pensamos que hai que apartar a quen nega os dereitos e recorta as oportunidades, hai que apartar a quen quere quitarlle a un neno a posibilidade de ser igual aos demais, temos que apartar a quen lle rouba o dereito a ter un futuro.
E todos sabemos de quen falamos.
* Fernando Lacaci é Voceiro da Confederación de ANPA Galegas

miércoles, 28 de enero de 2015

ESCOLA DE NAIS E PAIS: "DIFICULTADES ESCOLARES"

CAPÍTULO 4:



A información, unha necesidade.

Grazas aos compañeiros andaluces por este documento de interese.







ANPA BALUARTE

COMO ENFRONTARSE ÁS DIFICULTADES ESCOLARES

CAPÍTULO 3:


Nova entreguiña que dende esta ANPA BALAURTE agardamos sexa da nosa axuda na ardua tarea do proceso de aprendizaje das nosas fillas e fillos.






Grazas á Voz da Escola polo seu suplemento educativo do que sacamos esta información.

Non dubides en contactar con nós.

ANPA BALUARTE

miércoles, 21 de enero de 2015