domingo, 12 de abril de 2015


REUNIÓN CO EQUIPO DIRECTIVO

A mediados deste segundo trimestre escolar e unha vez que se consolidou un novo equipo de traballo na nosa ANPA fomos quen de reunirnos oficialmente por vez primeira co equipo directivo do noso IES. A reunión xurdiu a petición nosa, sabedores de que a colaboración mutua é un elemento indispensable para poder avanzar na boa liña. 

Trasladamos os seguintes temas que esbozamos para non marearos moito:

1) Ofrecemento de colaboración permanente.
2) Informe sobre os obxectivos desta ANPA.
3) Rendemento académico: comunicouse a preocupación desta ANPA ante os resultados académicos na primeira avaliación. Recibimos o diagnóstico dos profesionais e pedimos resposta co único obxectivo de mellorar o proceso de aprendizaxe das nosas fillas e fillos.
4) Orientación académica: transmitimos a necesidade de información que temos as familias en materia orientadora, non só de cara aos estudos universitarios senón cara ás demáis saídas que se dan ao longo de todas as etapas educativas.
5) Seguridade en Internet, telefonía móvil e redes sociais: amosamos a nosa colaboración para informar sobre un tema de rabiosa actualidade.
6) Ofrecemento da ANPA para organizar un taller de programación informática.
7) Benvida e despedida ao alumnado do centro: colaboración  e necesidade da nosa presenza.
8) Posibilidade dunha xornada de convivencia entre todos os membros da comunidade educativa.
9) Preocupación pola realización do plan de autoprotección.
10) Ofrecemento para colaborar na revista escolar do centro, no caso de que se realice.
11) Solictude de información das necesidades do centro en materia e obras pendentes e outros temas de importancia.


IMAXE: Anpa Baluarte