CONSELLO ESCOLAR EXTRAORDINARIO
3 de abril de 2014
IES CANIDO
Foto: avb
O consello escolar do IES CANIDO aprobou na mañá de hoxe, á proposta desta ANPA BALUARTE os seguintes temas da orde do día:
1.
Rexeitar o sistema de "gratuidade solidaria de libros de texto" da Xunta de Galicia.
2.
Asunción do informe da Defensora do Pobo no que se considera que o "carácter gratuito debría facerse extensivo aos libros de texto ou material didáctico" (Outubro de 2013).
3.
Solicitar á Consellería de Educación dun sistema de préstamo de libros de texto universal e gratuito que favoreza o tratamento igualitario de todo o alumnado e transmita os valores de reciclaxe e colaboración.
4.
Solicitar a dotación do persoal necesario para que a xestión do sistema de préstamo de libros de texto non incida no traballo ordinario deste centro educativo.
Foto: avb
O noso agradecemento á dirección do noso IES, aos distintos membros do noso consello escolar e ao persoal administrativo pola vosa permanente colaboración.
ANPA BALUARTE