viernes, 16 de noviembre de 2012

SAÚDO da ANPA "Baluarte"  no curso 2012 / 2013.

Adxuntamos saúda desta ANPA a todas as familias nao curso 2012 - 2013. 

Incluese  invitación á participación activa nesta Asociación de nais e pais, datos de interese para facelo e información sobre as eleccións ao consello escolar do vindeiro 29 de novembro.


COMUNICACIÓN SOBRE A FOLGA DO 14 - M

A ANPA "Baluarte" do IES CANIDO adhírese na súa totalidade ao comunicado da Federación de ANPAS de Ferrolterra sobre o folga do mércores, 14 de novembro.


E como tal, trasladouse as familias.


martes, 13 de noviembre de 2012

AXENDA ESCOLAR 2012 - 2013

Un ano máis sae á luz a Axenda Escolar "Navegantes", unha iniciativa pioneira , en galego, inmellorable, ferramenta para mellorar o rendemento persoal e académico do alumnado,  poética, pedagóxica, educando en valores e todo o que vos podades imaxinar ....

A nosa máis sincera felicitación aos seus comprometidos creadores e colaboradores.

Agardamos que se utilice para os fins para os que foi creada.

¡NORABOA!


"ESCOLA PÚBLICA DE TODOS E PARA TODOS":

Magnífico video en defensa do ensino no que creemos: un ensino público de calidade, igualitario e no que cabemos todos.

"NON AO DESMANTELAMENTO DO ENSINO PÚBLICO"
 
 
 
 

lunes, 12 de noviembre de 2012

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2012

Unha vez rematadas as eleccións galegas e as norteamericanas, chega o turno das nais, pais, alumnado, profesorado e persoal de servizos do noso instituto para elixir aos seus representantes no consello escolar do centro.

No artigo anexo de Xan R. Silvar, director do IES Sofía Casanova (Ferrol),  esbózanse as  funcións principais dos consellos escolares. A súa enorme importancia no funcionamento dos centros educativos fai que sexa moi necesaria a túa participación o xoves, 29 de novembro na xornada electoral. 

Tamén sería decisivo que houbese un gran número de candidatos para dito proceso; presenta a túa candidatura entre hoxe e o luns 19 como nai ou pai seguindo as instruccións remitidas dende o centro (ou tramitando a documentación nos dous posts anteriores neste Blog).

Nuns tempos nos que os consellos escolares poden perder o seu protagonismo     decisorio na vida escolar, é absolutamente necesario que a resposta de todos sexa masiva.


¡PÁSAO, ACUDE A VOTAR 0 29 de novembro!



sábado, 10 de noviembre de 2012

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURA AO CONSELLO ESCOLAR

Tedes eiquí o documento oficial para presentarvos como candidatas e candidatos á renovación do consello escolar do centro.

Une o teu compromiso na defensa dun ensino público de calidade.






RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR do IES CANIDO: (29 de novembro de 2012)


Estimadas nais, pais e alumnado do centro: Dende a ANPA "Baluarte" facemosvos  un agarimoso chamamento á vosa participación na vindeira renovación do consello escolar do noso centro educativo.

Nestes tempos de zozobra nos que estanse a vir abaixo moitas das cousas que pensabamos estaban xa consolidadadas de por vida, temos a obriga de traballar para que dende a educación e a formación das nosas fillas e fillos podamos ofrecerlles a éstos unha esperanza dun mellor futuro.

É por todo o que pedimosvos presentedes as vosas candidaturas á representantes de nais e pais - e de alumnos tamén -no consello escolar do centro e que participedes nas votacións do xoves 29 de novembro según o seguinte documento enviado pola dirección:



¡PARTICIPA, PÁSAO!