viernes, 18 de octubre de 2013

MANIFESTO ANTI-LOMCE da PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO




Compartimos o seu contido como membros da mesma.



Apoia a folga do 24-O anti LOMCE.


Participa na mani de Ferrol ás 11.30 diante do edificio administrativo da Xunta.



As traballadoras e traballadores do naval ferrolano estarán nas rúas en defensa do presente e futuro de todas e todos.

ACODE!


COMUNICADO DA FEDERACIÓN DE ANPAS DE FERROLTERRA

ASUNTO: CONVOCATORIA Á FOLGA DO 24 OUTUBRO ANTI LOMCE


A ANPA BALUARTE EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO: NON Á LOMCE.
CHARLAS DE INICIO DE CURSO

Onte remataron as charlas coas titoras e titores dos distintos grupos no noso IES. A ANPA Baluarte fixo acto de presenza nas distintas sesións para darse unha vez máis a coñecer e facer un chamamento convencido e afectuoso a todas as familias ás que representa para que se unan a este proxecto ilusionante co único obxectivo en mente de aportar todo o que esté nas nosas máns para mellorar o presente e o futuro das nosas fillas e fillos.

Como vos contamos nesas sesións non é necesario ter moito tempo libre (nós tampouco o temos); simplemente é cuestión de optar por dedicar unhas poucas enerxías das moitas que tedes a traballar por un ensino público de calidade.



Podedes vir acompañados/as. Necesitamos máis máns para poder estar á altura do que merecen as nosas fillas e fillos e as súas familias.

Esperámosvos os xoves a partir das 18,00 p.m. no voso local á entrada do instituto. Entra sen chamar.

ANPA BALUARTE

lunes, 14 de octubre de 2013

SAÚDA DA ANPA BALUARTE

Curso 2013 / 2014


Agardamos teñas xa nas túas máns o presente saúda da directiva da ANPA BALUARTE que enviamos ás familias na mañá deste luns como primeira toma de contacto oficial neste novo curso.

A chamada á participación que facemos é unha petición feita de maneira responsable e razoada, entendendo a necesidade da implicación de todas e todos na mellora do ensino público en tempos de recortes, dúbidas e incertezas.

Como ben se expresa neste saúda, sen as túas máns e  a túa forza pouco imos poder facer na mellora da formación das nosas fillas e fillos.



Este é o reto que vos lanzamos con afecto: facer un grupo de traballo forte e con ideas. Tan só necesitamos un pouco do teu tempo (nós non é que andemos moi sobrados do mesmo).  

Estamos desexosos de coñecervos e de compartir proxectos comúns.

Pásate polo teu local os xoves entre as 18 e as 20 p.m.
Vémonos!




jueves, 26 de septiembre de 2013

PRÉSTAMO DE LIBROS
Actualidade:

A día de hoxe aínda contamos con algúns libros de texto da maioría dos cursos.



Acércate ao noso local.
MANIFESTACIÓN ANTI LOMCE

Convocámosvos a que acudades este vindeiro sábado 28 de setembro á 

marcha pedestre en Santiago de Compostela en contra da LOMCE (Lei 

Wert) e contra o proceso de desmantelamento progresivo do ensino 

público (recortes en becas, comedores, profesorado e libros de texto).



Axuntamos un enlace a un interesante video feito polos compañeiras/os 

da Fed. ANPAS da Costa da Morte que deixa ben claro os motivos para 

estar presentes.







jueves, 12 de septiembre de 2013

Libros de texto do ANPA "Baluarte IES CANIDO.......

 
!!! COMUNICADO..!!!!!
 
 
 
Dende o ANPA "Baluarte"do IES CANIDO, queremos comunicar a todas as nais e país que temos libros de música de 2º ESO para o alumnado que non vai á sección  bilingüe.
Estaremos toda a maña de o xoves e venres  no voso local.
 
Asi mesmo, o alumnado que teña o libro de Ciencias Naturais de 1º da ESO e que non lle faga falta pode doalos  á ANPA dado que están descatalogados e necesitámolos para os demáis nenos do Centro.
 
"TEMOS MOITOS LIBROS DE 3º DA ESO PARA DOAR..........."
 
Para calqueraa dúbida poñerse en contacto co ANPA a traces do correo anpacanido@gmail.com ou através do Centro IES CANIDO
 
 
¡¡¡....MOITAS GRAZAS...!!!!!!!