viernes, 5 de septiembre de 2014

QUEDAN LIBROS DE 1º, 2º, 3º E 4º DA E.S.O


A ANPA "Baluarte" do IES Canido comunicavos que aínda quedan libros de préstamo para a ESO.
Por favor, podedes pasar a recollelos no seguinte horario:
Días 8 ao 10 de setembro, de 11:00 a 13:00 horas....

Anpa "Baluarte" IES Canido

jueves, 3 de abril de 2014


CONSELLO ESCOLAR EXTRAORDINARIO
3 de abril de 2014
IES CANIDO

Foto: avb

O consello escolar do IES CANIDO aprobou na mañá de hoxe, á proposta desta ANPA BALUARTE os seguintes temas da orde do día:

1. 
Rexeitar o sistema de "gratuidade solidaria de libros de texto" da Xunta de Galicia.

2. 
Asunción do informe da Defensora do Pobo no que se considera que  o "carácter gratuito debría facerse extensivo aos libros de texto ou material didáctico" (Outubro de 2013).

3. 
Solicitar á Consellería de Educación dun sistema de préstamo de libros de texto universal e gratuito que favoreza o tratamento igualitario de todo o alumnado e transmita os valores de reciclaxe e colaboración.

4.
Solicitar a dotación do persoal necesario para que a xestión do sistema de préstamo de libros de texto non incida no traballo ordinario deste centro educativo.

Foto: avb

O noso agradecemento á dirección do noso IES, aos distintos membros do noso consello escolar e ao persoal administrativo pola vosa permanente colaboración.

ANPA BALUARTE
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 
ANPA BALUARTE
4 de abril

ACORDOS
1. 
Rexeitamento oficial do sistema de "gratuidade solidaria" da Xunta de Galicia de axuda para a adquisición  de libros de texto.

2.
Esixencia oficial da implantación dun sistema de préstamo universal e gratuito.

FOTO: C. SEOANE

3.
Esixencia de que os centros de ensino dispoñan dos medios materiais e humanos necesarios para a organización e o desenrolo das campañas de préstamo.

4.
Organización de programas de traballo tendentes á elaboración de materiais didácticos que posibiliten un ensino público que non precise do libro de texto como material imprescindíbel.


FOTO: C. SEOANE

Estes acordos trasladaranse á Consellería de Educación da Xunta de Galicia integrados na demanda colectiva da Confederación de ANPAS GALEGAS.


O noso agradecemento ás nais e pais que nos dades o voso apoio.
ANPA BALUARTE IES CANIDO

martes, 1 de abril de 2014

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA ANPA BALUARTE:

Data: Xoves, 3 de abril
Hora: 18,30 (2ª convocatoria)


ÚNETE, DIFUNDE, COMPARTE.

viernes, 21 de marzo de 2014

"EXAMES SOLIDARIOS" EN PRENSA

Na "Voz de Galicia" de hoxe se recolle a campaña solidaria de toda a nosa comunidade educativa a favor de todos os cidadáns que fan uso dos servizos que ofrece a COCIÑA ECONÓMICA de Ferrol.


Agradecemos a participación de todas e todos.

martes, 11 de marzo de 2014

“EXAMES SOLIDARIOS” A FAVOR DA COCIÑA ECONÓMICA


  






Estimado alumnado, familias, profesorado e persoal do centro: 

A   ANPA Baluarte do IES Canido solicita a túa colaboración para continuar levando adiante durante este curso a súa iniciativa titulada “EXAMES SOLIDARIOS”. 

Coincidindo coas datas da segunda avaliación, organizamos unhas xornadas de recollida de alimentos non perecederos que nesta ocasión entregaremos á Cociña Económica de Ferrol.

Consultada esta organización, infórmannos da necesidade alimentos para atender a enorme demanda na hora dos almorzos. 

Agradecerían a entrega de zucre, galletas, cola-cao, zumos, batidos, leite, café, magdalenas, café e potitos para bebés. Tamén se pode aportar calquera alimento non percedero.

Ao efecto, atoparedes nas dependencias do centro unhas caixas onde podedes depositar os alimentos ata o venres, 21 de marzo, data nas que se procederá á súa entrega.
Agardando mellore a realidade social que nos rodea, recibide un afectuoso saúdo e un agradecemento anticipado pola vosa solidaria participación.






ANPA BALUARTE: a túa ANPA!


lunes, 3 de marzo de 2014

MATRÍCULA ESCOLAR 2014 - 2015

Información do proceso de admisión e matrícula no noso IES.

Dita información xa se remitiu ás familias pola dirección do noso centro.


As demandas dos pais da escola pública unha vez máis no noso blogue.


MATRICULA AOS TEUS FILLOS E DEMÁIS FAMILIA NA ESCOLA PÚBLICA! 

Sobran os motivos ...!