martes, 25 de junio de 2013

CHAMAMENTO ÁS NAIS E PAIS

"DOAZÓN DE LIBROS 2013"

Queridas nais e pais:
Necesitamos contar coas vosas mans este próximo xoves, 27 de xuño  para recoller e clasificar todos os libros que se recollan para o programa de doazón de libros de texto.

Faremos quendas de mañá e tarde.

LUGAR: LOCAL DA ANPA (Entrada do IES).

HORARIO DE MAÑÁ:

A partir das 10.30


HORARIO DE TARDE:
A partir das 16.30 p.m.



domingo, 16 de junio de 2013

CHARLA DE ANTÓN CORTIZAS:

"Xogos Tradicionais en Canido"



Os amigos da asociación "Muíño do Vento" do noso barrio convídannos á escoitar as palabras ben ditas de Antón Cortizas, profe do noso insti, , poeta, cuentista, maestro, amigo e moitas cousas máis o vindeiro mércores, 19 de xuño no local da SGHN na Praza de Canido.

Lembraremos con enorme ledicia os tempos nos que a mocidade tiña nas rúas o seu lugar de xogo, allea á ameaza tecnolóxica que estaba por chegar.



PRESENTACIÓN DO LIBRO "TASTARABÁS", Abril 2013 no noso IES
Imaxe: avb


jueves, 13 de junio de 2013

A NOSA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE LIBROS DE TEXTO EN RADIO VOZ

Xa ata nos chaman os xigantes da prensa galega. Quere isto decir que entre todos estamos a traballar na boa liña.

No programa de onte de Voces de Galicia, Isidoro Valerio entrevistou a Begoña García, membro da nosa ANPA para coñecer en detalle o noso proxecto exitoso de doazón solidaria de libros.

Podedes escoitar dita entrevista  no seguinte enlace:




Aproveitamos esta saída ás ondas galegas para animarvos a colaborar e participar da campaña de todos.

DOA OS TEUS LIBROS!

PÁSATE POLO LOCAL: COLABORA
MERCADILLO DE LIBROS DE TEXTO

Nestes tempos de zozobra social e económica xurden iniciativas de todo tipo destinadas a paliar as embestidas que todos, dunha u outra maneira, estamos a sufrir.
A empresa KPUS lanza un mercadillo compra-venta de libros de texto en Ferrol , Coruña e Santiago.

Dende esta ANPA seguimos traballando na nosa iniciativa solidaria de doazón de libros de texto. 
Agardamos unha vez máis a vosa participación masiva no noso proxecto, avalado este curso por un aforro aproximado duns 24,000 euros.

Tedes toda a información neste blogue, no local da ANPA e no noso instituto.








sábado, 8 de junio de 2013

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO 2013/2014

Axuntamos enlace ao DOG da convocatoria:



A NOSA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE LIBROS NO DIARIO DE FERROL


Contamos contigo para o éxito do programa deste ano.

Pásate polo local da ANPA: Colabora. 

imaxe: avb