miércoles, 13 de noviembre de 2013

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA BALUARTE 

CHAMAMENTO URXENTE E CARIÑOSO

DATA: XOVES, 14 de Novembro
HORA: 18,OO p.m.
LUGAR: Salón de Actos


A todas as nais e pais do noso centro:

Os que formamos o equipo directivo da vosa ANPA desexamos contar coa vosa presenza e participación activa na Asemblea Xeral Ordinaria de mañá, xoves, 14 de novembro.

Como xa vos comunicamos en reiteradas ocasións, necesitamos a participación e a implicación de todos para poder facer cousas xuntos que melloren o proceso de formación das nosas fillas e fillos.

Aproveitaremos esta primeira reunión oficial do curso para presentar en sociedade, unha vez máis, unha ferramenta estupenda para mellorar o proceso de aprendizaxe - a axenda escolar NAVEGANTES. 

Nunha charla breve e amena dous dos seus creadores nos explicarán a todos a mellor forma de sacarlle o rendemento que as nosas fillas e fillos merecen.

Non dubides en vir e tráete a algunha nai e pai debaixo do teu brazo. 

A túa ANPA necesita contar con novos colaboradores para poder arrancar os novos proxectos.  Se non contamos con máns suficientes, vai costar moito máis levar adiante calquer iniciativa (escola de pais, programa de doazón solidaria de libros de texto, etc).

Tedes a continuación a convocatoria oficial da Asemblea que vos remitimos o pasado luns.

Vémonos!




martes, 12 de noviembre de 2013

MÚSICA e PALABRAS CONTRA A LEI WERT (LOMCE)

As distintas comunidades educativas de Ferrolterra están convocadas a manifestar de novo o seu rexeitamento á nova lei educativa.

Mañá, mércores 13 de novembro a música e as palabras dirán NON a unha lei educativa que naceu morta.



Pasade a cantar e escoitar a unha pléyade de artistas no IES CONCEPCIÓN ARENAL (o Masculino de toda a vida).



O mestre e escritor do noso IES, Antón Cortizas, fará un exame seguindo as demandas da LOMCE; será un estupendo ensaio para as reválidas que nos acechan.



HORA: 19,00 p. m.

PASADE POR ALÍ!!!!

jueves, 24 de octubre de 2013

XORNADA DE FOLGA E MANIFESTACIÓN CONTRA A LOMCE
24 de Outubro


Nunha  desapacible e chuviosa mañá  como a de hoxe, a ANPA Balauarte participou nunha nova e multitudinaria manifestación en defensa do ensino público e contra a LOMCE (Lei Wert).



Nos vos queremos dar a paliza ao respecto. Simplemente queremos agradecer a masiva resposta á chamada á folga do alumnado no noso propio instituto e  agradecemos a todas as nais e pais o voso compromiso responsable en defensa do ensino público.




Contamos con todas e todas na defensa dun mellor presente e un esperanzador futuro.

Imaxes. avb


Solidarizámonos cos traballadores/as de Navantia cos que pisamos fai un par de horas as rúas de Ferrol defendendo o presente e o futuro de Ferrol, o de todas e todos.


NON Á LOMCE: POR UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE.


lunes, 21 de octubre de 2013


NORMATIVA REGULADORA DO DEREITO DE REUNIÓN E DAS DECISIÓNS COLECTIVAS DE NON ASISTENCIA A CLASE NO NOSO IES:
(Aprobadas no consello escolar do 14 de marzo de 2013)


Para que estedes informadas/os sobre as normas vixentes.


viernes, 18 de octubre de 2013

MANIFESTO ANTI-LOMCE da PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO




Compartimos o seu contido como membros da mesma.



Apoia a folga do 24-O anti LOMCE.


Participa na mani de Ferrol ás 11.30 diante do edificio administrativo da Xunta.



As traballadoras e traballadores do naval ferrolano estarán nas rúas en defensa do presente e futuro de todas e todos.

ACODE!


COMUNICADO DA FEDERACIÓN DE ANPAS DE FERROLTERRA

ASUNTO: CONVOCATORIA Á FOLGA DO 24 OUTUBRO ANTI LOMCE


A ANPA BALUARTE EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO: NON Á LOMCE.
CHARLAS DE INICIO DE CURSO

Onte remataron as charlas coas titoras e titores dos distintos grupos no noso IES. A ANPA Baluarte fixo acto de presenza nas distintas sesións para darse unha vez máis a coñecer e facer un chamamento convencido e afectuoso a todas as familias ás que representa para que se unan a este proxecto ilusionante co único obxectivo en mente de aportar todo o que esté nas nosas máns para mellorar o presente e o futuro das nosas fillas e fillos.

Como vos contamos nesas sesións non é necesario ter moito tempo libre (nós tampouco o temos); simplemente é cuestión de optar por dedicar unhas poucas enerxías das moitas que tedes a traballar por un ensino público de calidade.



Podedes vir acompañados/as. Necesitamos máis máns para poder estar á altura do que merecen as nosas fillas e fillos e as súas familias.

Esperámosvos os xoves a partir das 18,00 p.m. no voso local á entrada do instituto. Entra sen chamar.

ANPA BALUARTE