ANPA IES CANIDO
INFORMACION CAMPAÑA DE DOAZON DE LIBROS DE
TEXTO PARA O CURSO 2012-2013
Dende a ANPA de IES Canido temos a intención de botar adiante unha
campaña de doazón de libros de texto para o vindeiro curso 2012-13. Como ben
sabedes, o curso actual foi o derradeiro no que estivo vixente o programa de
préstamo de libros de texto, e só en alguns cursos (2º e 4º da ESO). O vindeiro
curso as familias teremos que mercar o lote completo de libros e a pesares de
que se manteñen as axudas que concede a Xunta para a adquisición de libros de
texto, éstas non chegan a tódalas familias ou son insuficientes,tampouco chegan a Bacharelato
por non ser educación obrigatoria .Ademáis eses cartos saen do noso peto.
Facendo unha reflexión sobre
todo isto coidamos que é ilóxico e non sostible mercar todos os libros curso tras curso cando sabemos
que o remate do mesmo quedan libros de texto en bo uso, por non falar da falta
de medios tecnolóxicos ,que nos leva a que a educación se aparte do mundo real.
Non podemos quedar anclados na pasividade e no consumismo, cunha educación
influenciada polas grandes corporacións con obxectivos únicamente
mercantilistas e económicos.
Por iso dende a ANPA propoñémosvos unha iniciativa que coidamos positiva para tod@s: Doar
os libros a ANPA ó remate do curso e así poder distribuírlos e reutilizalos no
vindeiro curso.
E importante que comprendades que unha doazón é sempre altruista. Esta
doazón de libros non garantiza que
estos se reciban nin cántos . Esto depende de moitos factores: número de libros
doados, os que se poidan manter do programa de préstamo da Xunta, o estado dos
mesmos... pero dende a ANPA intentaremos repartir todos os libros recollidos
utilizando o criterio de igualdade para que poida chegar algún libro ó maior
número de familias posibles. E importante tamén que os entreguedes no mellor
estado posible.
Esta campaña vai dirixida
tamén os alumn@s de Bacharelato.Tendo en conta a
complexidade do reparto (asignaturas optativas, alumnos que veñen doutros
centros) os libros recollidos repartiránse
prioritariamente os alumnos que xa cursaran 4º da ESO no centro.
A pesar de todas as
dificultades, coidamos que é unha iniciativa positiva, xa que non só supon un
aforro de cartos para as familias, senon
que tamén transmite os nos@s fill@s valores como a reciclaxe, o valor do
“usado”, a solidaridade e o altruismo, TAN NECESARIOS NA ACTUALIDADE.
ANIMAMOSVOS A PARTICIPAR!
Recibide un cordial saudo.
A Xunta Directiva
¿COMO PARTICIPAR NA
CAMPAÑA?
FASE DE XUÑO
1.- Para poder participar e imprescindible entregar a folla de compromiso adxunta os días 27, 28 e 29 de xuño no local da ANPA no horario de 11 a 13 horas. Aquel@s alumn@s que aproben todo ou suspendan dúas asignaturas (o
sexa que non repitan curso) entregarán os libros que desexen doar xunto coa folla de compromiso. Os que suspendan
máis de dúas asignaturas, tamén deberán entregar a folla de compromiso o mesmo
día. día.Tod@s
alumn@s poden participar aínda que non poidan doar libros (se os que teñen son
libros do programa de préstamo ou cedidos pola Anpa).
2.- Do
día 2 ao 6 de xullo repartiranse libros a aquel@s alumn@s
que aprobaran todo ou deixaran dúas no local do ANPA en horario de 10 a 13:00 (para o resto de alumnos quedaran resevados ata
setembro).
FASE DE SETEMBRO
3.- Os/as alumn@s deberán entregar os libros que desexen doar o día
das notas en setembro no local da ANPA
en horario de 11 a
13 horas.
4.- Durante o prazo de matrícula de
setembro repartiranse libros os alumnos que non os
recolleran en xuño no local da ANPA no horario indicado. Dado que en setembro
vanse doar máis libros, tamén se repartirán os/as alumn@s que xa recolleran en
xullo se lles corresponde algún.
5.- E importante que
os alumnos que repitan curso e entregaran a folla do compromiso nolo comuniquen
o día das notas de setembro para
poder dispor dos libros que tiñan reservados.
IMPORTANTE:
- Os/as alum@s teñen a obriga de devolver ó centro os
libros do programa de préstamo que recibiron este curso cando o centro o indique.
- Os/as alumn@s que no presente
curso recibiron libros da ANPA teñen que devolvelos a mesma no seu local os
días 27, 28 e 29 de xuño ou o día das notas de setembro (se deixaron algunha
asignatura para setembro).
- A axuda da Xunta para
adquisición de libros de texto (Orde do 30 de maio de 2012 (DOG
do 1 de xuño) é compatible coa participación
nesta campaña. O prazo de presentación da solicitude é do 25 de xuño ó 26 de
xullo e deberás presentala no Centro.(máis información na secretaría do centro
e na páxina web do IES Canido).
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario