HOXE NACE UN LIBRO NO NOSO INSTI:
HORA: 18.00 p.m.
ANTÓN CORTIZAS. Foto: google images.
Nesta tarde chea de luz, no salón de actos do noso IES CANIDO (Ferrol) o mestre, escritor, amigo e un sinfín de virtudes máis, Antón Cortizas, presenta o seu novo libro titulado "TASTARABÁS".
Foto: www.elorteinglés (google images)
Según a derradeira ecografía o neno ven moi repoludo xa que tivo unha xestación duns dez anos. Non corre perigo algún a súa vida pois vai ver a súa primeira luz nun centro educativo público, arropado pola nosa tamén profesora Carmen Cuesta, por Manuel Bragado (director de Xerais) e por Paco Veiga (especialista en xoguetes anteriores á era dixital e profesor de insti nas queridas terras de Melide).
FOTO: CSR
Estades todas e todos invitados a degustar o mellor postre posible nestes tempos tan necesitados de azucre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario