jueves, 20 de diciembre de 2012

BLOGUE "Son Canido" (IES CANIDO)

Visita o noso "BLOGUE" aportando os teus comentarios que nos axuden a seguir medrando.


E participa activamente da ANPA Baluarte.
 

lunes, 17 de diciembre de 2012

AXENDA ESCOLAR "NAVEGANTES": IES CANIDO


O pasado xoves 13 contamos coa presencia do profesorado do centro que un ano mais fixo posible a chegada ás nosas mans da axenda escolar " NAVEGANTES", María José Ramil, Antón Cortizas e Rafael Rodríguez.

Nunha amena charla as nais e pais coñecimos a enorme utilidade didáctica desta pioneira axenda escolar, a necesidade da implicación do alumnado, das familias e do profesorado do centro para poder obter un bo rendemento académico coa axuda da mesma.

Agardamos que así se faga polo ben dos nosos fillos e fillas. 

E unha vez máis, moitísimas gracias aos que lle deron vida. 






ASEMBLEA XERAL ORDINARIA da ANPA BALUARTE

O pasado xoves, 13 de decembro celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria desta ANPA. 

Como información relevante cabe mencionar o feito da aprobación das contas do pasado exercicio, a renovación da xunta directiva e a avaliación do programa de préstamo de libros de texto para este curso.

Informouse aos asistentes dos resultados do programa de préstamo de libros de texto, agradecendo o compromiso de todos aqueles que fixeron posible o seu indudable éxito.

DATOS DO PROGRAMA:

Familias participantes: 125.
Libros entregados en Xuño 2012: 683.
Familias que recibiron libros de texto: 150.
Total fina de libros entregados: 750.
Valor aproximado dos libros en préstamo (AFORRO PARA AS NOSAS FAMILIAS): 24.000 euros.

Por último, volveuse a facer unha chamada á implicación das nais e pais na vida desta ANPA xa que sen a implicación de todos a consecución de obxectivos que redunden na mellora do ensino público e da escola das nosas fillas e fillos é moito máis complicada.

PARTICIPA:

anpacanido@gmail.com

http://www.facebook.com/anpabaluarte.iescanido

son-canido.blogspot.com/ 

http://www.edu.xunta.es/centros/iescanido/  (enlace da ANPA)





PARTICIPA DA EDUCACIÓN DOS TEUS FILLAS E FILLOS: UNHA INVERSIÓN MOI RENTABLE EN TEMPOS DE CRISE.

PARTICIPA DA ANPA BALUARTE

Horario: Xoves, de 18.00 a 20.00 p.m. (LOCAL NA ENTRADA DO INSTITUTO)



lunes, 3 de diciembre de 2012

"RECREOS LITERARIOS 2012/ 2013"

Presentamosvos esta iniciativa para o tempo de lecer no noso instituto: Poesía e Música en tempos de dúbida.

"A poesía é unha arma cargada de futuro" (G. Celaya).

"Sen música a vida sería un erro" (F. Nieztsche).


Noraboa aos participantes e a todos/as os que o facedes  posible. 




3 de DECEMBRO: DIA NTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE


  • O 15% da poboación mundial, mais de dous millóns de persoas en España...
  • A verdadeira discapacidade está na actitude da sociedade ante estas persoas ...
  • Por unha accesibilidade real e pola eliminación de todos os tipos de barreiras ...
  • Por unha inclusión real total ....
  • Por 365 DÍAS de normalidade ...

"Pola eliminación de todo tipo de barreiras, por unha sociedade inclusiva e accesible para todos".







Foto: blogdiferenciasnoelia.blogspot.com (Google images)



sábado, 1 de diciembre de 2012

1 de DECEMBRO: DÍA MUNDIAL CONTRA A SIDA

"A solidaridade, unha necesidade".

Imagen: fundeu.es (Google images) 
CONSTITUCIÓN DO NOVO CONSELLO ESCOLAR

O pasado xoves 29, celebráronse as eleccións ao consello escolar do 
centro. 

Aquí tedes a súa nova composición oficial.

Agardamos que dende o consenso e o valor da palabra se siga na senda da mellora do ensino público.


NORABOA A TODOS OS CONSELLEIROS E CONSELLLEIRAS!