lunes, 17 de diciembre de 2012

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA da ANPA BALUARTE

O pasado xoves, 13 de decembro celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria desta ANPA. 

Como información relevante cabe mencionar o feito da aprobación das contas do pasado exercicio, a renovación da xunta directiva e a avaliación do programa de préstamo de libros de texto para este curso.

Informouse aos asistentes dos resultados do programa de préstamo de libros de texto, agradecendo o compromiso de todos aqueles que fixeron posible o seu indudable éxito.

DATOS DO PROGRAMA:

Familias participantes: 125.
Libros entregados en Xuño 2012: 683.
Familias que recibiron libros de texto: 150.
Total fina de libros entregados: 750.
Valor aproximado dos libros en préstamo (AFORRO PARA AS NOSAS FAMILIAS): 24.000 euros.

Por último, volveuse a facer unha chamada á implicación das nais e pais na vida desta ANPA xa que sen a implicación de todos a consecución de obxectivos que redunden na mellora do ensino público e da escola das nosas fillas e fillos é moito máis complicada.

PARTICIPA:

anpacanido@gmail.com

http://www.facebook.com/anpabaluarte.iescanido

son-canido.blogspot.com/ 

http://www.edu.xunta.es/centros/iescanido/  (enlace da ANPA)





PARTICIPA DA EDUCACIÓN DOS TEUS FILLAS E FILLOS: UNHA INVERSIÓN MOI RENTABLE EN TEMPOS DE CRISE.

PARTICIPA DA ANPA BALUARTE

Horario: Xoves, de 18.00 a 20.00 p.m. (LOCAL NA ENTRADA DO INSTITUTO)



1 comentario:

  1. ¡¡¡.. Un gran acerto da ANPA, a miña enhoraboa pola iniciativa....FIXÉSTEDES UN GRAN TRABALLO Moita grazas......!!!!

    ResponderEliminar