domingo, 28 de octubre de 2012


            Dende a Asociación
Pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra, membro da Federación Ecoloxista
Galega e da Plataforma Estatal Contra a
Contaminación Electromagnética, como coordinadores da campaña galega Escola saudábel, Internet só por
cable (dende a inquedanza de nais
e pais, docentes,
grupos
ecoloxistas, ?) envíovos o presente documento:

Con motivo do
despregamento das tecnoloxías da información nas aulas a través do Proxecto
ABALAR, onde se dota ao alumnado seleccionado de 5º e 6º de Primaria e 1º e
2º de Secundaria de portátiles, pantallas dixitais en conexión WIFI (en vez de con cable
que é tecnicamente máis rápido, estábel e seguro, ademais de non contaminar),
manifestámosvos a inquedanza dende colectivos
sociais, pais e nais, docentes
e persoal
sanitario pola PROBLEMÁTICA QUE A COMUNICACIÓN INALÁMBRICA DA REDE WIFI
PODE CAUSAR NA SAÚDE e dirixímonos aos distintos axentes implicados nos centros
de ensino para ofrecerlles información sobre a relevancia para a saúde do
alumnado e profesorado.

·
O Consello de
Europa (25.05.2011) solicita aos seus estados membros primar
nas aulas a conexión a internet por cable [sen WiFi], evitando o uso do móbil
no recinto escolar, e fomentar campañas de información e sensibilización sobre
os seus efectos potenciais nocivos. Esta decisión parte dun maior
risco de efectos biolóxicos potencialmente nocivos dos campos electromagnéticos
na infancia e mocidade reflectida na revisión de máis
de 1.500 estudos co apoio da Axencia Europea de Medio Ambiente.

·
A propia
Axencia Internacional do Cancro (IARC) da OMS (31-05-2011) xa clasificou estas radiacións de microondas
(móbiles, teléfonos sen fíos -DET-, Wi-Fi, Wimax, ?) como posíbeis canceríxenos do grupo 2b baseándose no aumento de
risco de padecer glioma, un tipo de tumor cerebral maligno, asociado co uso de
teléfonos móbiles, recomendando, "reducir
a exposición a estes dispositivos" mentres se segue a investigar.

·
O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia
en maio
e xuño
do 2012 expón aos conselleiros responsábeis da Xunta "... que hai indicios máis que fundados para que se aplique o principio de
proporcionalidade e precaución sinalado pola Lei 33/2011 (de Saúde Pública)
e pide por iso que se realicen campañas de concienciación á poboación en xeral
e aos máis expostos polo seu traballo en particular sobre o perigo desta
exposición, como veñen facendo algunhas institucións. En concreto, as
administracións públicas deberían protexer aos máis pequenos, moito máis
sensibles a estas exposicións e susceptibles de estar expostos máis tempo. Para
iso deberíanse tomar medidas no ámbito educativo talles como información dos
riscos que supón para a súa saúde a exposición a dispositivos emisores de REMNI
nos centros escolares. Con tal fin sería recomendable que nos centros
escolares prohíbase o uso de teléfono móbil, dispositivos wifi ou localización
de antenas de telefonía móbil nas proximidades ...".

·
Este
tipo de propostas xa foron presentadas pola Federación
Ecoloxista Galega (xaneiro, 2011), os colectivos ecoloxistas ADEGA e APDR e a Federación
de nais e pais de Lugo -FAPACEL- (08.02.12) ao Conselleiro de Educación
e Ordenación Universitaria.

A nosa
preocupación, que non xorde por
consideracións educativas ou tecnolóxicas, fundaméntase exclusivamente nas
consecuencias para a saúde do alumnado e do persoal docente e auxiliar que, coa
conexión sen fíos a internet, veríanse expostos/as de cotío á contaminación
electromagnética das radiacións de microondas ao longo de toda xornada
lectiva no curso escolar, cuns
PICOS nos niveis de radiación nas aulas MOI SUPERIORES aos esperados, cos
consecuentes efectos acumulativos.



Noutros países da nosa contorna xa comezou a aplicarse o Principio de Precaución coa retirada da conexión Wi-Fi /
WIMAX (a favor do cable) DE CENTROS ESCOLARES, BIBLIOTECAS, UNIVERSIDADES e
REDES MUNICIPAIS por problemas de saúde.

A campaña ESCOLA SAÚDABEL,
INTERNET SÓ POR CABLE pretende facilitar o debate entre os axentes
implicados na comunidade escolar para que poidan TOMAR AS MEDIDAS DE PRECAUCIÓN NECESARIAS NO SEU
CENTRO EDUCATIVO poñendo información a súa disposición como no DOSSIER WIFI 2012 dispoñíbel na web da campaña.

Podes contactar
connosco a traveso dos colectivos que participan na campaña ou no enderezo
electrónico de coordinación da campaña: apdr@apdr.info

Outubro de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario