PROGRAMA DE PRÉSTAMO DE LIBROS DE TEXTO DA "ANPA BALUARTE"
"Os cidadáns tapando os ocos dos supostos xestores públicos ".
- Non entendemos (é un dicir) o porqué da retirada dun sistema de préstamo igualitario, educativo e menos lesivo para as arcas públicas que funcionou tan ben durante anos.
- O sistema actual de axudas da Xunta de Galicia atenta contra o dereito á gratuidade da ensinanza obrigatoria.
- Amparados nun lema cicatero e falso "Gratuidade Solidaria" liquidouse un programa óptimo para pasar a facer unha inversión maior coa sustitución de centos de libros en galego.
- Denunciamos eiquí o recorte do presuposto previsto para o vindeiro curso dun 15% para dito programa. Se xa apenas chegaba ás familias este curso, o vindeiro curso, coas consecuencias desta crise económica, a situación vai ser insostible.
Dende a ANPA BALUARTE comprometémonos a levar adiante esta iniciativa pioneira un ano máis no beneficio da nosa comunidade educativa.
SE QUERES AXUDAR CO TEU TEMPO, PÁSATE POLO LOCAL OS XOVES, DE 18.00 - 20.00 pm.
Voz de Galicia (Ferrol), 12 de Febreiro de 2013.
AGRADECEMOS O TRABALLO DE TODAS AS NAIS, PAIS E PROFESORADO QUE O FIXESTES POSIBLE.
Valor aproximado do préstamo: 24,000 euros.
Nº de Familias que recibiron libros neste curso: 150 (aprox.).
Nº de libros en préstamo: 790 (aprox.).
No hay comentarios:
Publicar un comentario