martes, 19 de febrero de 2013

UNHA NOVA VIDA ARTÍSTICA PARA 

OS LIBROS NO IES CANIDO



A ANPA pediu ao artista ferrolano,Eduardo 

Hermida,  a creación desta escultura.





No IES de Canido ningún libro tírase ao lixo. A Asociación de Pais de Alumnos (APA) ten en funcionamento desde o curso pasado un sistema de préstamo de libros, que permitiu repartir uns 800 exemplares o pasado mes de setembro. E aos libros que foi imposible reutilizar, o artista ferrolano Eduardo Hermida deulles unha segunda vida útil.




O APA contactó con Hermida para que este idease algunha montaxe artística a raíz destes exemplares, que ían ir ao lixo xa que non se podían prestar. O artista de Canido tardou tres semanas en crear unha escultura que se exhibe desde a pasada semana nun dos corredores do instituto, o que se atopa fronte á entrada á biblioteca.



Eduardo Hermida explica que utilizou varios dos exemplares que lles facilitou o APA, os cales decorou con pintura acrílica e escayola, aínda que respectando algunhas ilustracións e fórmulas matemáticas dos libros. «Quixen que se visen algunhas partes dos libros orixinais, para que se observase a orixe dos mesmos», sinala. Na parede onde está colgado a montaxe artística, os alumnos han ir escribindo nomes de libros para «fomentar a lectura, e que eses títulos esperten a curiosidade nos mozos e entren na biblioteca a mirar si teñen ese libro», detalla Hermida.




Con esta escultura, que se quedará de forma permanente no centro de secundaria, o artista pretende, ademais, resaltar o labor da asociación de pais, que de forma particular e sen a axuda de ningunha administración tomou as rendas do sistema de préstamo que a Xunta interrompeu no 2009, permitindo un importante aforro ás familias.



imaxes: avb

MOITAS GRAZAS, EDUARDO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario