martes, 23 de abril de 2013

DIA DO LIBRO 2013

Un libro é como un xardín que se leva no peto. (Proverbio árabe). 

As cidades son libros que len os pés. (Jorge Luís Borges). 

A lectura é unha fiestra e tamén un espello. (Antonio Muñoz Molina). 




O libro é unha das posibilidades de felicidade que temos os homes. (J. L. Borges). 



Vivir sen ler é perigoso, porque obriga a conformarse coa vida. (Michael Houellebecq).



Creo que vale a pena ler porque os libros ocultan países marabillosos que ignoramos, conteñen experiencias que non vivimos xamais. Un é indudablemente máis rico logo da lectura. 

(Adolfo Bioy Casares). 



A literatura é esencialmente soidade. Escríbese en soidade, lese en soidade e, pese a todo, o acto da lectura permite unha comunicación profunda entre os seres humanos. (Paul Auster).


A min gústame aquel príncipe que estaba lendo un libro cando o verdugo foi a buscarlle, tocoulle o ombreiro e díxolle que xa era a hora. El, ao levantarse, antes de pechar o libro, puxo un abrecartas para sinalar a páxina. (Djuma Barnes, O bosque da noite, Seix Barral).





“I find television very educating. Every time somebody turns on the set, I go into the other room and read a book.” ― Groucho Marx.

“Some books should be tasted, some devoured, but only a few should be chewed and digested thoroughly.” ― Cornelia Funke.


“There are worse crimes than burning books. One of them is not reading them.” ― Joseph Brodsky.


“Think before you speak. Read before you think.” ― Fran Lebowitz.



Imaxes: Google Images.

LEE: NINGUÉN VAI LER  POR TI


viernes, 19 de abril de 2013

ENTREVISTA CON ANTÓN CORTIZAS
NO PROGRAMA "ZIG ZAG" DA TVG

a raiz da publicación do seu novo libro, TASTARABÁS, un auténtico estudo sobre o xoguete tradicional galego que tivemos o luxo de ver presentar no noso instituto.

Preme neste enlace:  Tastarabás, Antón Cortizas TVG





 Imaxes: avb

miércoles, 17 de abril de 2013

PRESENTACIÓN PÚBLICA do LIBRO "TASTARABÁS" de ANTÓN CORTIZAS






IMAXES. avb


Unha delicia ter a oportunidade de escoitar falar dende o corazón en tempos escuros!

Páxina de face da ANPA Baluarte






HOXE NACE UN LIBRO NO NOSO INSTI:

HORA: 18.00 p.m.

ANTÓN CORTIZAS.   Foto: google images.

Nesta tarde chea de luz, no salón de actos do noso IES CANIDO (Ferrol) o mestre, escritor, amigo e un sinfín de virtudes máis, Antón Cortizas, presenta o seu novo libro titulado "TASTARABÁS".



 Foto: www.elorteinglés (google images)



Según a derradeira ecografía o neno ven moi repoludo xa que tivo unha xestación duns dez anos. Non corre perigo algún a súa vida pois vai ver a  súa primeira luz nun centro educativo público, arropado pola nosa tamén profesora Carmen Cuesta, por Manuel Bragado (director de Xerais) e por Paco Veiga (especialista en xoguetes anteriores á era dixital e profesor de insti nas queridas terras de Melide).



FOTO: CSR

Estades todas e todos invitados a degustar o mellor postre posible nestes tempos tan necesitados de azucre. 



CHARLA SOBRE A LOMCE (Lei Wert)

Ferrol, onte, martes no IES SOFÍA CASANOVA.

PONENTES: Sindicato de estudantes, CC-OO ensino Ferrol, CIG-ENSINO, director do IES SOFÍA CASANOVA, Confapa e Nova Escola.



Debate de onte arredor dunha lei educativa que ameaza con retrotraernos a tempos e maneiras de pensar que considerabamos xa superadas. 

A ANPA BALUARTE ESTIVO ALÍ!




Fotos: avb

Se coñecedes alguén que a defenda, avisade que organizamos unha mesa redonda xa.

NON AO DESMANTELAMENTO DO ENSINO PÚBLICO!: NON  Á LEI WERT!

miércoles, 10 de abril de 2013

PECHE EN FERROL EN DEFENSA DO ENSINO  PÚBLICO

DATA: Xoves, 11 de abril dende as 17.00 pm ata as 10 a.m do venres.

LUGAR: CIFP FERROLTERRA (Antigo IES Marqués de Suanzes).

Chega un momento na vida no que ou te mollas ou os demáis non o van facer por ti. 

Se defendes o ensino público, movilízate e acude.
Haberá charlas sobre a LOMCE e demáis decisións que seguen a folla de ruta do desmantelanento do ensino público.

A ANPA BALUARTE ESTARÁ ALÍ!

 CALENDARIO DE PECHES.
Convoca: Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

A NOSA RAZÓN DE SER. Imaxe: Google Images

CONTAMOS COA TUA PRESENZA!