lunes, 12 de noviembre de 2012

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2012

Unha vez rematadas as eleccións galegas e as norteamericanas, chega o turno das nais, pais, alumnado, profesorado e persoal de servizos do noso instituto para elixir aos seus representantes no consello escolar do centro.

No artigo anexo de Xan R. Silvar, director do IES Sofía Casanova (Ferrol),  esbózanse as  funcións principais dos consellos escolares. A súa enorme importancia no funcionamento dos centros educativos fai que sexa moi necesaria a túa participación o xoves, 29 de novembro na xornada electoral. 

Tamén sería decisivo que houbese un gran número de candidatos para dito proceso; presenta a túa candidatura entre hoxe e o luns 19 como nai ou pai seguindo as instruccións remitidas dende o centro (ou tramitando a documentación nos dous posts anteriores neste Blog).

Nuns tempos nos que os consellos escolares poden perder o seu protagonismo     decisorio na vida escolar, é absolutamente necesario que a resposta de todos sexa masiva.


¡PÁSAO, ACUDE A VOTAR 0 29 de novembro!



No hay comentarios:

Publicar un comentario