sábado, 8 de junio de 2013

 PRESENTACIÓN DOAZÓN LIBROS

2013 - 2014

O pasado xoves, 6 de xuño a ANPA Baluarte presentou no salón de actos do IES Canido unha nova edición do seu  programa de doazón de  libros de texto.

Imaxe: avb

Coñecedores de que non somos as nais e pais quen de ter que paliar as deficiencias que outros provocan, agardamos dito programa chegue ao maior número de familias posible nestes tempos de zozobra.

avb

Agardamos a colaboración e participación dos pais e nais do noso instituto para poder conseguir co compromiso de todas e todos o éxito que perseguimos.

Non tes máis que acerarte ao local da ANPA de todos nos horarios que tes na folla explicativa.

avb




No hay comentarios:

Publicar un comentario