viernes, 18 de octubre de 2013

CHARLAS DE INICIO DE CURSO

Onte remataron as charlas coas titoras e titores dos distintos grupos no noso IES. A ANPA Baluarte fixo acto de presenza nas distintas sesións para darse unha vez máis a coñecer e facer un chamamento convencido e afectuoso a todas as familias ás que representa para que se unan a este proxecto ilusionante co único obxectivo en mente de aportar todo o que esté nas nosas máns para mellorar o presente e o futuro das nosas fillas e fillos.

Como vos contamos nesas sesións non é necesario ter moito tempo libre (nós tampouco o temos); simplemente é cuestión de optar por dedicar unhas poucas enerxías das moitas que tedes a traballar por un ensino público de calidade.



Podedes vir acompañados/as. Necesitamos máis máns para poder estar á altura do que merecen as nosas fillas e fillos e as súas familias.

Esperámosvos os xoves a partir das 18,00 p.m. no voso local á entrada do instituto. Entra sen chamar.

ANPA BALUARTE

No hay comentarios:

Publicar un comentario