lunes, 14 de octubre de 2013

SAÚDA DA ANPA BALUARTE

Curso 2013 / 2014


Agardamos teñas xa nas túas máns o presente saúda da directiva da ANPA BALUARTE que enviamos ás familias na mañá deste luns como primeira toma de contacto oficial neste novo curso.

A chamada á participación que facemos é unha petición feita de maneira responsable e razoada, entendendo a necesidade da implicación de todas e todos na mellora do ensino público en tempos de recortes, dúbidas e incertezas.

Como ben se expresa neste saúda, sen as túas máns e  a túa forza pouco imos poder facer na mellora da formación das nosas fillas e fillos.



Este é o reto que vos lanzamos con afecto: facer un grupo de traballo forte e con ideas. Tan só necesitamos un pouco do teu tempo (nós non é que andemos moi sobrados do mesmo).  

Estamos desexosos de coñecervos e de compartir proxectos comúns.

Pásate polo teu local os xoves entre as 18 e as 20 p.m.
Vémonos!




No hay comentarios:

Publicar un comentario